Saltar navegación

Cantar «A castaña no ourizo»

Letra e música

A castaña no ourizo
quixo rir e rebentou,
caeu do castaño abaixo
mira qué pago levou.

Con melodía:

A castaña na lareira
quixo rir e rebentou,
ai! pobriña da castaña
vaia golpe que levou.
A castaña no ourizo
tráeche moita gravedade,
quen máis sabe máis aprende,
quen máis aprende máis sabe.

Sen melodía:

A castaña sabe ben,
o viño vaise bebendo,
o cariño vai entrando
a honra vaise perdendo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0