Proceso
Pescudamos sobre o magosto
Para a realización das tarefas imos proceder do seguinte xeito:
- O primeiro que faremos será distribuír ao alumnado de clase en catro grupos, tratando de que o número de compoñentes dos mesmos sexa similar.
- Cada grupo realizará un traballo diferente ao dos demais, aínda que complementario, sobre o magosto. Os oficios a desempeñar son:
- Historiadores e historiadoras.
- Botánicos e botánicas.
- Lingüistas.
- Restauradores e restauradoras.
- Ao remate das tarefas encomendadas, cada grupo exporá o traballo realizado ante os demais.
- Con todos os traballos elaboraremos unha única presentación sobre o magosto que será exposta na web do cole e no blog da biblioteca para deleite de toda a comunidade educativa.
- Os cartaces e libros recopilatorios serán expostos nos corredores do colexio durante o mes de novembro xunto cos traballos presentados ao concurso de manualiades con castañas.
HISTORIADORES: Orixe da celebración do magosto
Os historiadores buscaredes información sobre a celebración da festa do magosto, seguindo as pautas do guión achegado.
Cos datos obtidos tedes que elaborar unha sinxela presentación e un gran cartaz ilustrado que os reflictan.
- Consultaredes as seguintes ligazóns para realizar o voso traballo:
- O magosto. Web do CEIP Manuel Sueiro.
- O magosto. Web do CEIP de Palmeira.
- Orixe do magosto. Web Delmorrazo.com.
- A celebración do magosto. Concello de Arteixo.
- Guión de recollida de datos.



- Modelo de presentacións.


BOTÁNICOS: Os castiñeiros e as castañas
Os espertos en botánica teredes que pescudar información sobre os castiñeiros e o seu froito: a castaña. Seguiredes as pautas que se achegan no guión de recollida de datos.
- Primeiro, realizaredes unha sinxela presentación e un cartaz ilustrado no que se reflictan os datos obtidos.
- O castiñeiro. CEIP Manuel Sueiro.
- A castaña. CEIP Manuel Sueiro
- O castiñeiro. Web de Galias.com.
- O castiñeiro e as castañas. CEIP de Palmeira.
- Guión de recollida de datos:



- Modelo de presentación:


- Para rematar o voso traballo, realizaredes un mapa en Google Maps onde localizaredes os castiñeiros milenarios de Galiza cunha imaxe e descrición dos mesmos. Dito mapa será accesible desde a web do colexio.
- Castiñeiros milenarios. Web de Galias.com.
LINGÜISTAS: Refráns, frases, ditos e poemas sobre o magosto
Os lingüístas pescudaredes información sobre refráns, adiviñas e poemas sobre o magosto.
- Primeiro, nunha presentación faredes unha recopilación de refráns, adiviñas, ditos e poemas sobre o magosto que se engadirá á presentación final sobre o magosto. Empregaredes, entre outras as seguintes ligazóns:
- Refráns do outono. CEIP Colesteiro do Ferrol.
- Compilación de refráns do CEIP Nosa Sra de Xuvencos.
- Poemas e refráns do CEIP Mestres Goldar.
- Buscador de google.
- Modelo de presentacións.



- Para completar o voso traballo, realizaredes un libro recopilatorio ilustrado para a biblioteca sobre "Refráns, adiviñas ditos e poemas".
- Os refráns, ditos, adiviñas e poemas que máis vos gusten, serán ilustrados nunha ficha tamaño DIN A4 que se engadirá ao libro recopilatorio.
- En cada ficha só poderá figurar un máximo de dous refráns, ditos, adiviñas...
- Todas as fichas estarán ilustradas con imaxes relativas ao contido que reflicten.
RESTAURADORES: Receitas con castañas.
Os restauradores pescudaredes información na web, biblioteca ou no voso entorno, sobre receitas feitas con castañas.
- Primeiro, deberedes pescudar información sobre receitas de cociña que se fagan con castañas. Elaboraredes un libro de receitas en formato presentación, onde figurará unha imaxe ou debuxo do prato, os ingredientes e a preparación da receita.
- Receitas recollidaspolo CEIP Vicente Risco.
- Receitas compiladas polo Colexio Salesiano de Ourense.(pdf de 11MB)
- Receitas de Antonio Fernández López.
- Web Receitas con castañas.
- Modelo de presentacións.



- Para rematar o voso traballo, plasmaredes en cartaces DIN A3 algunhas das receitas que consideredes que son doadas de realizar para que se animen a facelas algúns dos nosos compañeiros para a celebración do magosto.
Concurso/exposición de castañas

Traballo individual
Mentres dura a realización desta webquest, teredes que elaborar na vosa casa, como tarefa complementaria, unha manualiade con castañas. Este traballo será presentado ao concurso/exposición que se realizará no centro durante o mes de novembro.
Podedes observar a seguinte galería de imaxes:
- Exposición de manualidades do CEIP Manuel Sueiro.