Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer os orixes da celebración do magosto.
  • Identificar os obxectivos principais desta celebración.
  • Enumerar aspectos a ter en conta para realizar un magosto.
  • Coñecer a importancia dos castiñeiros en Galiza.
  • Recoñecer os diferentes tipos de castañas que hai.
  • Rocoller material diverso sobre o magosto: refráns, ditos, poemas, frase, receitas...
  • Valorar a importancia dos xogos colectivos e cooperativos na celebración do magosto.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar información nun mural e nunha presentación.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de textos, empregar programas de edición de vídeo, programas de edición en liña.
  • Ser quen de por en liña os traballos realizados.
  • Valorar a importancia de celebrar o magosto como festa popular.

Contidos

  • O magosto.
    • Celebración en Galiza.
    • Orixe desta festa.
  • Os castiñeiros.
    • A súa importancia.
    • Castiñeiros milenarios.
  • A castaña.
    • Tipos de castañas.
  • Refráns, ditos e poemas sobre o magosto.
  • Receitas con castañas.
  • Xogos para realizar no magosto.
  • O mural como elemento informativo.
  • As presentacións como recurso educativo.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Ficha de recollida de datos e material para escribir. Cartolinas e lápis de cores para realizar os traballos plásticos.
  • Sofware: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos e presentacións (Office, LibreOffice ou Google docs). Aconséllase para traballar con contas de Google. Que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado. 
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática a pescuda  de información para completar os guións facilitados e a edición das presentacións. Na aula elaboraremos o material para realizar os cartaces e os libros recopilatorios. A presentación dos traballos realizados farémola na biblioteca. O traballo de Conclusión pódese facer na aula ordinaria.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará individualmente a realización das manualiades segundo a orde indicada no "Proceso" desta webquest. Formaremos catro grupos de traballo para realizar as atrefas asignadas a cada rol no "Proceso" da webquest. En gran grupo realizaremos a exposición das tarefas realizadas e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nas parellas establecidas. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas todas as áreas do currículo, pero fundamentalmente as áreas de lingua, plástica, ciencias sociais, ciencias naturais e educación física.

Temporalización

  • Cinco sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa para completar a edición do vídeo da curta se fose preciso.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.