Como vai?
Aínda que esta fase tratase con máis profundidade no nivel avanzado do itinerario formativo, imos intentar amosarvos algunhas características de funcionamento, tomando como exemplo Edmodo.
Por cuestións de privacidade algunhas imaxes están algo distorsionadas e algúns nomes das capturas de pantalla foron tapados.
Empezemos:
Como sempre, o primeiro rexistrarse. Esta é a páxina de inicio. A primeira vez temos que ira ao botón de "Profesor" para facelo. Unha vez cuberto o formulario, e rexistrados, entraremos co noso nome de usuario ou correo electrónico e o contrasinal que determináramos.
A diferenza no rexistro entre "Profesor" e "Estudiante" é que estes últimos non poden crear cursos, nin teñen que dar datos persoais no rexistro (aínda que poden poñer o nome real se queren, pero non lles pide máis nada). O alumnado cando se rexistra ten que saber o código do curso/grupo ao que queren acceder, e que ten que suministrarllo o seu titor ou titora. Este código se lle proporciona ao docente que crea o curso e pode cambialo en calquera momento.
En principio aseméllase moito a unha rede social convencional, onde o
principal é a comunicación. Permite manter unha información permanente, ao
quedar rexistradas todas as entradas, pero tamén unha comunicación máis alá da
aula e do horario escolar.
Dada a total garantía de privacidade o alumnado podería utilizar o seu nome real, pero para traballar a seguridade na rede podemos propoñer que cada alumno/a escolla un seudónimo co que identificarse (sempre que falemos de grupos pequenos). O profesorado debería utilizar o nome real.
Temos distintas posibilidades de organización do grupo. Un grupo principal (no exemplo das imaxes Quinto C) inclúe a todo o alumnado, mentres que podemos crear outros subgrupos que permitirán traballos en equipa sen entorpecerse. Os membros dun grupo non ven o dos demais. A ferramenta permite tamén ocultalos para crear outros novos, pero nunca se perde o que elaborou cada un. O titor/a pode recuperalo cando sexa preciso.
Tamén podemos crear un grupo a maiores que contemple a todo o alumnado da aula, pero para as conversas informais que se poidan producir e coa intención de que non molesten a liña de traballo do grupo principal (no exemplo chamámoslle "chat").
O titor/a pode organizar os recursos que el/a mesmo/a e o alumnado incorporan en carpetas, para unha máis doada utilización e busca dos mesmos. Na imaxe da dereita un exemplo de carpetas de recursos elaborados polo alumnado.
Na imaxe inferior mostramos como se ve unha das carpetas (contos) cando o
alumnado a abre. Só hai que premer sobre un arquivo para abrilo.
Por outra banda, podemos crear asignacións, ou tarefas, para que en grupos ou individualmente teñan que desenvolver. Na imaxe seguinte podemos ver algunha delas. A asignación precisa dunha descrición e un prazo para entregar. Este é un método que permite centralizar os traballos elaborados polo alumnado para que o profesor non teña que buscalos na dispersión das intervencións na rede social. Ademais permite responder e incluso avaliar con calificacións cada unha das entregas.
Xunto con todo isto temos un calendario de aula onde se poden facer anotacións de citas para todo o grupo, para os pequenos grupos ou incluso individuais.
O alumnado, cando abre o calendario, pode ver todas as anotacións que fai o titor, máis as súas particulares.
Finalmente, o profesorado dispón doutras ferramentas de utilidade, como a posibilidade de cambiar o código do curso (por se algún alumno o fai público), a de dar de baixa e de alta alumnos/as, a de etiquetar contidos, examinar a actividade individual de cada alumno/a, xerar informes...
Para saber máis: http://www.slideshare.net/montcubi/edmodo-en-el-aula