Cal utilizar?
Existen varias redes sociais pensadas para o ensino, con algunhas características diferentes, pero aínda así bastante semellantes. Aquí deixamos tres recomendacións, pero se mirades neste enlace podedes ver que hai outras ferramentas que, aínda non sendo redes sociais baseadas no microblogging, permiten desenvolver tarefas semellantes ás comentadas no apartado anterior.
"Edmodo" é actualmente a máis popular entre o profesorado, seguramente porque é tamén a que está máis desenvolta, con máis posibilidades. Por iso é a que vos aconsellamos, pero como queira que teñen moitos aspectos en común podedes rexistrarvos en todas e probalas. Incluso "Edoome" ten unha demo para probar sen rexistro.