Que precisamos

Igual que para o deseño de webquest, para as cazas de tesouros non precisamos máis que un procesador de texto e a posibilidade de poñer o documento resultante en formato PDF ou HTML á disposición dos nosos alumnos.

Así e todo existen na web ferramentas para crear estes materiais na rede que nos permiten axilizar os procesos e olvidarnos dos aspectos técnicos e centrarnos no deseño propio da actividade. Algúns recomendables son:

  • Xenerador 1,2,3 O máis sinxelo. Permite crear CdT paso a paso incluíndo o deseño de fondo e outras características do documento. Non precisa rexistro.
  • Webquest. Para crear webquest e cazas de tesouros. Precisa rexistro pois permítenos gardar e publicar o noso traballo na súa web. Ten asistente.
  • Webquest creator. Igual que o anterior, coas mesmas ventaxas. Tamén precisa rexistro.