Concepto

Unha vez visto o tema das Webquest resultará máis doado entender en que consisten as "Cazas de tesouros".

Realmente estamos a falar dunha metodoloxía, similar ás Webquest, pero cunha estructura máis sinxela.

Consiste nunha actividade na que a través dunha serie de preguntas, apoidadas polos enlaces correspondentes propostos polo titor ou titora, e centradas nun tema moi concreto, o alumnado vaia atopando na rede as respostas pertinentes a cada unha delas. Normalmente, a caza do tesouro complétase cunha pregunta especial, "a gran pregunta" (ou o tesouro) na que a resposta non está incluída directamente nos contidos das páxinas e espazos propostos, de xeito que os alumnos e alumnas vense na obriga de analizar, razoar, debater e finalmente integrar o aprendido no proceso para conseguir dar resposta á mesma.

Según Jordi Adell ("Internet en el aula: a la caza del tesoro". Edutec nº16-2003) a webquest é unha estructura didáctica válida e interesante por varias razóns:

  • Son relativamente doadas de crear para o docente e son divertidas e formativas para os estudiantes. Ben presentadas parecen un xogo, pero o alumnado aprende moitas cousas durante unha caza do tesouro (e non só as respostas ás preguntas directas).
  • Poden tratar sobre case calquera aspecto do currículo (sempre que atopemos recursos adecuados ao tema e idade dos alumnos e alumnas) e proporcionan coñecementos sobre os contidos e experiencias no manexo da ferramenta de internet.
  • Poden utilizarse como actividades para desenvolver en grupo ou individualmente.
  • Poden ser simples ou complexas, tal como dicten as circunstancias. Aos alumnos/as máis pequenos/as podemos propoñerlle menos preguntas, con formularios máis simples e cos vínculos  precisos para resolvelas a continuación de cada pregunta. Os máis maiores poden recibir só un tema amplio e pedirlles que atopen por eles mesmos a información nun só lugar, máis amplo e complexo, ou que busquen as súas propias fontes para obter a información necesaria (ou se lles proporciona un punto de entrada a unha serie de lugares relacionados).
Queda claro, polo tanto, que estamos a falar doutra estratexia para fomentar a aprendizaxe constructiva dende a utilización de recursos TIC.