Xestionar usuarios
A xestión de usuarios só a pode facer o administrador ou administradores da aplicación e só poderán ser ser usuarios autenticados os profesores/as do centro.
O alumnado non poderá, en ningún caso, darse de alta como usuario autenticado.
O administrador poderá dar de alta, cambiar perfil ou dar de baixa segundo as necesidades do centro en cada momento.
Para inciar a xestión rexístrate con perfil de administrador e vai a usuarios.
Na seguinte xanela verás a lista de todos os usuarios que hai nese momento.
Desde esta pantalla poderás modificar a información de cada un dos usuarios pulsando sobre a icona de editar. Esto pódeche ser útil para cambiar o perfil de cada un. Lembra que a diferencia entre un usuario e un editor é que o primeiro só pode xestionar os recursos propios e o segundo todos os da aplicación.
Poderemos tamén dar de baixa a un usuario que xa non estea no centro premendo sobre a icona borrar.
Para dar de alta a un novo usuario escolle a opción engadir usuario e cubre os campos de texto cos datos do profesor/a que queiras rexistrar. Fíxate que por defecto lle imos asignar privilexios de usuario.