Introducción
Neste segundo apartado do módulo 1 imos traballar co servidor de recursos Abalar.
Como xa saberás o servidor de recursos funciona só na intranet educativa de cada centro e é o espazo onde todo o profesorado pode aloxar os contidos que considere máis axeitados para a súa práctica docente.
O acceso a este recursos é libre dentro da intranet pero só o administrador, os editores e os usuarios terán os permisos suficientes para poder modificar os contidos que nel se aloxan.
Ao longo deste módulo veremos as funcións máis habituais dos usuarios, o editor e o administrador.
Ao remate deberás enviar ao teu titor a tarefa que se che pide.