Perfís de usuario

Na aplicación de xestión de contidos  haberá tres perfís distintos que debe asignar o administrador do servidor no noso centro. Cada un deses perfís conta cunha serie de permisos que nos van permitir interactuar nun menor ou maior grao.
Usuario

O perfil de usuario permite a introducción e catalogación de recursos na aplicación.
Este perfil non conta con permisos para a xestión dos recursos dos outros usuarios, nin para a xestión de usuarios e tampouco para a configuración da aplicación.

Editor

Un usuario con perfil de editor poderá introducir e catalogar recursos, así como tamén xestionar os recursos introducidos polos demáis usuarios.
Este perfil non conta con permisos para a xestión de usuarios nin para a configuración da aplicación.

Administrador

Perfil de usuario con permisos totais na aplicación.
Un usuario administrador conta con permisos para a xestión do resto de usuarios da aplicación, así como tamén para as pantallas de configuración da aplicación  e tódalas pantallas de xestión, catalogación e mantemento dos recursos.