Páxina Inicial
Unha vez que entramos, aparece:
Xa vedes que é algo parecido a Aula Virtual: Unha zona central e dúas zonas estreitas (marcos) aos lados. Esta é a estructura básica (pódese cambiar) dunha páxina web en Drupal.
No marco da dereita, temos xusto debaixo do noso nome de USUARIO os apartados que nos podemos abrir, dependendo do rol e os permisos que nos asignara o Administrador da Páxina. de
Nos neste MÓDULO só imos ver o apartado "Crear Contido" .
O resto dos apartados que aparecen nos marcos de ámbolos dous lados da páxina, non se poden modificar, salvo que sexas "Administrador da Páxina".
A parte central, coas diversas pestanas,que algunhas si as podemos modificar, sobre todo son interesantes a Editar e a de Arquivos Personais.
A de Editar sirve para cambiar os meus datos de Perfil: Nome, Correo Electrónico e Contrasinais:
A Pestana de Arquivos Personais é moi importante pois ahí podemos ver e xestionar todos os arquivos (fotos, imaxes, PDF, documentos de texto, follas de calculo,...) que subín e podo subir para utilizar nas historias e noticias que vou publicar ou xa publiquei na páxina web:
OLLO!!! Nesta ventá, xa nos avisa do tamaño máximo dos arquivos: 1000KB, as dimensións das imaxes 500x500 en Píxeles e a cuota de disco que temos gastada e para utilizar ****/10000KB.