Galería de Imaxes. Coppermine

Un dos apartados da Páxina Web do centro máis apreciados polo alumnado e pais/nais é o da GALERÍA de IMAXES, na que podemos publicar, co debido permiso, fotos, imaxes e vídeos das saídas didácticas, excursións, actividades complementarias, ... 

Para publicar estos ficheiros na Páxina Web, con un formato de presentación (vense as fotografías, pasando unha a unha en tamaño grande) utilízase unha Galería de Imaxes, asociada a DRUPAL, chamada COPPERMINE  

Hai que ter en conta que para poder acceder a Galería de Imaxes necesitamos un rexistro de Usuario/a e Contrasinal que non ten porque ser igual ao do acceso á páxina web, COPPERMINE é un programa que vai paralelo a DRUPAL e necesita o seu propio rexistro. Para darse de alta na Galería é preciso que o/a Administrador/a da Páxina vos inscriba con un nome de Usuario/a e unha Contrasinal, esta última podédela modificar despois nos datos do Perfil (Recomendamos que a cambiedes e poñades a mesma ca do acceso a Páxina Web). Para realizar a Tarefa de Páxina Web e poder entrar na Galería de Imaxes teredes que poñer:

USUARIO: primeira parte do correo electrónico

CONTRASINAL: 1234

Por exemplo, se o teu correo electronico é:  mpmarialucas@edu.xunta.es, o rexistro será:

USUARIO: mpmarialucas

CONTRASINAL: 1234

Imos ver como facelo:

 

1º.- Abrimos a Páxina Web e prememos en Galería.

 

2º.-Ábrese a pantalla seguinte, prememos en Ingresar

3º.- Introducimos os datos:

Cando ingresas na Galería, podes ser Administrador ou Usuario segundo o papel ou rol que che deu o/a Administrador/a da Páxina. Explicaremos os dous roles.