Páxina WEB do Centro. DRUPAL
Hoxe en día, os portais de Internet xogan un papel crucial como medio informativo, social e de comunicacións, ata o punto da dependencia deles. Estes permitiron un avance da globalización e a revolución das comunicacións interpersonales de xeito exponencial, polo cal é importante destacar a súa importancia sobre a vida diaria de toda persoa.
A necesidade destes levou a estar "conectados" e en "liña" todo o tempo grazas aos avances tecnolóxicos dados na telefonía móbil, o Internet e outros medios que axudan á proliferación e o avance deste novo medio de comunicación permitindo así un progreso e cambio do vivir das persoas.
Por esta razón, a Conselleria de Educación, xa fai anos, puxo a disposición dos Centros de Ensino un servidor con DRUPAL, un software que permite crear e manter páxinas Web para poder comunicar de xeito moderno, sinxela e efectiva os Centros de Ensinanza cos seus alumnos, País, Nais e demais representantes da comunidade educativa, tomando en conta as necesidades destes.
Nos, neste tema, só imos propoñer que poidades publicar un Contido, neste caso unha HISTORIA con unha imaxe,na páxina web do Centro.
Partimos de que estades rexistrados na páxina Web do voso Centro co rol de EDITOR. Pode ocurrir dúas cousas:
Que non teñades activada vosa Páxina Web de Centro, nese caso a traverso do/a Coordinador/a ou a Dirección, hai que solicitarlla a Consellería.
Se xa tendes a páxina web activa, que non teñades acceso a ela co rol de EDITOR para poder publicar contidos; neste caso é tamén o/a coordinador/a ou a dirección que ten que darvos ese permiso.
Coma dixemos ao principio, DRUPAL é o software co que se fan e editan estas páxinas web, polo tanto, se nos publicamos un Contido na páxina, neste caso unha HISTORIA, estamos traballando con DRUPAL.
En resumidas contas, para poder facer este tema do Módulo, tendes que entrar na Páxina Web do voso Centro e no caso de non tela activada, entrade na Páxina Web de Probas que está no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/centros/curso3/
Dependendo se é a Páxina Web do centro ou a de Probas, aparecerá:
Se é a Páxina do Centro, algo parecido a esta imaxe,pero non igual, xa que as Plantillas ou Temas da páxinas en DRUPAL son moitas e moi variadas con distintos formatos e cores, pero o que sempre aparece son: Aula Virtual, Galería, Mapa do sitio, Portal Educativo, SEM correo, Webs Dinámicas e sobre todo, INICIAR SESIÓN: ACCESO
Se é a Páxina de Probas Aparecerá:
Coma xa comentamos antes, o traballo neste tema do Módulo consistirá en publicar unha HISTORIA ou NOTICIA na parte central da Páxina Web acompañada dunha imaxe que temos no dico duro do ordenador ou un vídeo publicado en Internet (You Tube, Vimeo, ....)