Parte Central
Neste curso, os/as administradores/as estructuraron a parte central por Temas/Módulos, que son cada un dos recadros numerados
que aparecen na parte central da imaxe. En cada un deses recadros aparece na parte superior,ao lado do número, o Título do tema a tratar, seguido debaixo, dun esquema ou índice dos apartados a estudar. A continuación irán aparecendo
documentos, titoriais, vídeos, tarefas, enlaces a páxinas web, ... todo
relacionado cos apartados anteriores, para adquirir os coñecementos que se pretenden. Aparecerán
os nomes dos arquivos que se utilizan cuns iconos que son distintos
segundo o tipo de material utilizado (
Vídeos, Imaxes,
PDF,
Páxinas
web,...)
e que previamente foran subidos polos administrador/a ou profesor/a. Para abrir a
información que conteñen, só hai que premer enriba de cada un deles.
Normalmente, o primeiro recadro da Aula Virtual é Esquema de tema que é coma un resumo do curso e as indicacións precisas para a súa realización; tamén aparece nese recadro o Foro de novas no que o profesor/a uo coordinador/a comuníca e trasmite avisos aos estudantes. Ás veces, tamén hai un Foro do Curso no que todos os participantes no curso poden interactuar e comunicarse.
De entre os documentos que poden aparecer nos temas, hai que destacar as tarefas
que, ao premer sobre ela, ábrese unha páxina similar a seguinte :
Na que aparece:
Nun primeiro lugar un recadro no que se da unha breve explicación para realizar a tarefa, que ás veces se pode contestar directamente.
Un pouco máis abaixo, a esquerda, un ou varios documentos (pdf, impress, ...) que polo xeral leva a tarefa a realizar.
E máis abaixo, dous botóns, un para buscar no ordenador os arquivos que solucionan a tarefa e outro para subir a plataforma ditos arquivos. E por último, outro botón para enviar eses arquivos aos profesores.