Actividades

É un dos bloques que debemos utilizar a miúdo, pois e unha das fontes de información que máis dúbidas relsolve nun curso. É a "cafetería" na que se reunen todos os participantes do curso: alumnado, profesorado e administradores; ademais a calquer hora do día e calquer día da semana. Cando hai calquer pregunta/duda relacionada co curso, premeos en Foros

Aparece a páxina de todos os foros que ten neste momento o curso, no exemplo da imaxe, hai 2 pero o profesorado e/ou os administradores  poden habilitar máis:

     FORO de NOVAS: É un foro no que só poden interactuar os Profesores, Coordinadores e/ou Administradores do curso, serve para facer anuncios e avisos para os estudantes, xa que o poden e deben visitar.

 

    FORO do CURSO: Se prememos enriba del, entramos nun foro no que interactúan todos os participantes do Curso:

Se temos algunha cuestión ou dúbida, prememos en Engadir unha nova pregunta, e ábrese a páxina:

Co editor de textos poderás escribir calquer nova, duda, consulta ou pregunta e incluso enviar un documento sobre o curso e calquera participante inscrito no curso pode responder, pois a todos lle aparece o Tema  nas súas contas de correo.