Administración
Este bloque pode ter opcións activadas ou non, dependendo dos titores/profesores do curso. Xeralmente, para o alumnado están activados o apartado Cualificacións e Perfil.
Cualificacións:
O libro de cualificacións recolle as notas obtidas por todos os estudantes en cada unha das actividades do curso.
Para acceder ao libro de cualificacións hai que facer clic no enlace Cualificacións do bloque Administración.
A primeira vez que accedemos ao libro de cualificacións farémolo no modo normal ou simplificado.
Trátase dunha táboa onde cada fila corresponde a un estudante e cada columna a unha actividade, salvo a última, que presenta a cualificación total. Inicialmente, a táboa está ordenada polos apelidos dos estudantes, pero podemos ordenala tamén polos seus nomes facendo clic nos enlaces situados debaixo da columna de estudantes (á dereita ou á esquerda).
A cabeceira principal mostrará "Cualificacións" se estamos a usar o modo normal (por defecto). No caso contrario, mostrará o nome da categoría que que esteamos a ver neste momento se activamos os axustes avanzados.
A continuación se amosa o Modo Normal e o Modo de Axustes Avanzados.
Vexamos agora as Cualificacións en Modo Axustes Avanzados:
Aparecen os datos con máis detalle por Módulos ou Temas.
Perfil: Nesta opción permite ver e cambialos datos personais do participante no curso (como en calquera rede social):
Para velos datos:
Para cambialos datos hai que ir a pestana Editar Perfil