Planificación e seguimento do traballo
Estudar en liña require de moita dedicación:
-
As regras principais son disciplina e organización.
-
Necesítase moito compromiso, constancia e motivación pola túa parte.
-
Debes responsabilizarte da túa propia aprendizaxe.
Imos establecer unha serie de recomendacións sobre o seguimento do curso:
-
Prepara, de ser posible, unha mesa de traballo ampla na que poidas traballar comodamente ante o ordenador.
-
Planifícate: establece un horario. A non existencia dun horario rigoroso de clase obrígache á confección dunha programación de actividades.
-
Podes utilizar a ferramenta calendario de Moodle para controlar e planificar os prazos de entrega.
-
Administra o teu tempo.
-
Realiza un seguimento diario das clases e do material de estudo. Entra na aula virtual cada día.
-
Respecta os prazos.
-
Realiza todas as actividades propostas.
-
Forma unha comunidade de aprendizaxe: intercambia opinións, interactúa, axuda aos teus compañeiros/as, participa.
-
Familiarízate coa plataforma, co seu funcionamento e coas súas ferramentas.
-
Pregunta todo o que non entendas. Non sintas vergoña.