Saltar navegación

5º Como nos comunicamos?

Comunicación

Non estamos xuntos na aula pero seguimos interactuando e comunicándonos entre nós mediante o uso das distintas ferramentas que nos ofrece a plataforma.

Con que recursos contamos e cando os empregamos?

  • A mensaxería instantánea.
  • Os foros.
  • O correo electrónico.

    Mensaxería

    Comunicación privada na aula virtual.mensaxería

    • Podes enviar mensaxes ao profesorado a través da plataforma. Só serán vistas por el/ela e non polos demais compañeiros.
    • Emprega este medio cando teñas que comunicarte co teu profesor/a para algo estritamente persoal. No caso de que a consulta sexa de interese colectivo (dúbidas sobre a materia….) e non particular, deberás de dirixirte ao foro.

    Se é o profesor/a o que che envía unha mensaxe a ti tan pronto como te conectes á plataforma, abrirase unha ventá que te indicará que tes unha mensaxe e só terás que premer nela para lela.

    Tamén podes ver as túas mensaxes dende o bloque "Navegación" dentro do "Meu perfil".

    Foros

    Comunicación colectiva e colaborativa na aula virtual.

    Ímonos mover sobre todo polos foros, que son lugares de encontro entre nosoutros.

    • Foro de novas: é un foro de traballo no que se che irán comunicando as cuestións máis importantes do módulo. Non é o indicado para dúbidas dunha unidade en concreto senón para o módulo en xeral (data dun exame…).
    • Foro da unidade didáctica: cada unidade didáctica ten ou seu propio foro e é o lugar para resolver as dúbidas de cada unidade.
    • Foro de debate: en ocasións, pode que o profesor/a propoña debater, reflexionar… sobre algunha cuestión de interese a través da creación dun foro de debate.

    Correo electrónico

    Non resulta recomendable utilizar esta ferramenta de comunicación e non debe ser empregada salvo que cho indique o/a profesor/a.

    Lembra que a comunicación debe producirse fundamentalmente a través da plataforma. O envío de tarefas, a resolución de dúbidas, as cuestión de índole persoal que debas tratar co profesor/a… canalizaranse a través da plataforma.

    Nota para o profesorado: Podería ser útil, se así se decide, comunicar un calendario de días e horas nos que te comunicarás co alumnado (facéndoo coincidir coas horas establecidas presencialmente para o módulo): “atenderei as mensaxes e as dúbidas….”