Saltar navegación

3º Personaliza o teu perfil

PerfilPara que a comunicación non sexa tan fría, colgade unha foto no voso perfil, doutro xeito, para min e para os demais, seredes mentres tanto "bonecos ou sombras" impersoais.

É importante ter unha referencia visual de todos nós.

Pasos para poder facelo:

  1. Diríxete a Administración na marxe inferior esquerda "Configuración do meu perfil" e "Editar perfil".
  2. No apartado "Imaxe do usuario" > "Nova imaxe" > "Engadir" e carga a túa foto.
  3. Ao finalizar é importante que premas en "Actualizar información" na parte inferior.
  4. Con todo isto ben feito, deixarás de ser un "boneco" nos foros e pasarás a ser "persoa" con cara...

Por favor, non publiques unha foto do teu gato, a vista desde a túa xanela ou un personaxe de debuxos animados. Non son os participantes neste curso. Tampouco unha foto de lonxe nas túas vacacións onde non se distingue a túa cara.

Trátase dun ensino regrado, non estamos a participar nunha rede social. A foto adecuada é unha foto tipo carné.

Actualizar perfil