Saltar navegación

Introdución

Queremos con este epígrafe dar conta do esforzo que desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional existe durante os últimos cursos para establecer unha serie de pautas de acción e orientacións a ter en conta e poñer en marcha ante situacións relativamente descoñecidas e nas que se require un procedemento sistemático para a súa identificación e resolución.

Eses procedementos sistemáticos concretáronse en forma de protocolos, os Protocolos Educativos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que son de aplicación e, pola mesma, deben ser coñecidos por todas as persoas docentes xa que, en último termo, serán quenes os teremos que poñer en marcha na meirande parte das situacións.

De modo xeral, podemos atopar estes Protocolos Educativos en dous espazos moi ben definidos con base na temática que abordan:

Non podemos afondar nesta formación en cada un destes Protocolos pero é importante neste momento que saibedes da súa existencia, de onde se atopan e, en todo caso, da necesidade de que de agora en diante vos vaiades familiarizando con eles xa que son de obrigada aplicación.