Do mesmo xeito que sucedía na estratexia educonvives.gal existen toda unha serie de Protocolos Educativos que debemos coñecer e manexar e que, desta volta, tratan de atender as especiais características e necesidades do noso alumnado e da súa diversidade que, en xeral, podemos identificar como alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o ámbito de actuación destes Protocolos:
- Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais
- Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual
- Protocolo de Consenso sobre TDAH na Infancia e na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario
- Protocolo Educativo para a Prevención e o Control do Absentismo Escolar en Galicia
- Protocolo para a atención educativa ao alumnado con discapacidade auditiva
- Protocolo de Tratamento Educativo do Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA)
- Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación Interinstitucional en Atención Temperá
- Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas de aprendizaxe
