Índices II
O segundo modo de creaer un índice consiste en indicar manualmente cada unha das entradas que deberán aparecer no índice.
1.- Seleccionamos o texto que aparecerá como entrada do índice e menú Inserir > Índices > Entrada... e comprobaremos que o programa captura a entrada que temos seleccionada. Clic en "Inserir"
2.- Sen pechar o cadro de diálogo anterior, seleccionamos o texto
que será a segunda entrada de índice; unha vez seleccionado facemos
clic no cadro de diálogo, pero dentro da caixa de texto "Entrada".
Veremos que o seu contido é reemplazado polo que acabamos de seleccionar. Clic en "Inserir"
4.- Repetimos o proceso as veces que precisemos, coa única salvedade de indicar o nivel da entrada; coma no apartado anterior, o nivel 1é o máis alto.
5.- Unha vez rematado este proceso, facemos clic en "Pechar" e situamos o
cursor no punto no que queremos inserir o índice. A continuación, menú
Inserir > Índices > Índices e táboas... indicamos
o título do índice e se queremos poder manipular e formatar o índice ou
non (desmarcamos ou marcamos a casiña "Protexido contra cambios
manuais") e prememos en "Aceptar".
Nesta ocasión, deberemos asegurarnos de ter marcada a casiña de verificación "Marcas de índice". O índice inserirase no punto elixido.