Índices I

Existen dous xeitos principais de xerar o índice dun documento.

1.- Utilizando os formatos predeterminados polo programa LibreOffice Writer. Para crear un índice marcamos as entradas que queremos que aparezan no mesmo cun dos formatos desta lista desplegable: Cada título representará un nivel do índice.
Dúas entradas co mesmo estilo de título estarán ao mesmo nivel.
Unha entrada cun nivel de título menor (o máis "grande" é o Título 1) será un subapartado do nivel inmediatamente superior.
Na imaxe seguinte podemos ver un exemplo.

Unha vez determinado o esquema, e logo de situar o cursor onde queremos que vaia o índice,  imos ao menú Inserir > Índices e táboas e no cadro de diálogo seguinte verificamos que a casiña de verificación "Esquema" estea marcada. Ao premer o botón "Aceptar" o índice debería inserirse onde indicamos.

Indicando manualmente cada unha das entradas que deberán aparecer no índice.