Columnas

Presentar un texto en columnas, nun estilo "máis periodístico", e moi doado. Para velo, imos crear un documento e  enchelo cun texto de mostra. É moi típico utilizar para estes menesteres un "pseudo latín". Chámase "Lorem Ipsum" porque así empeza o texto.

Fai clic nesta ligazón. O buscador te levará a unha páxina dende a que podes descargar un texto indicando o número de parágrafos que queres. Pon os que queiras e preme no botón "Generar" . Unha vez xerado o texto, selecciónao e despois preme o botón dereito do rato e no menú elixe "Copiar". Abre o procesador de texto e clic co botón dereito. Elixe "Pegar". Agora selecciona un parágrafo e vai ao menú "Formato" > "Columnas". Selecciona o número de columnas que queres e o espazamento entre elas. Clic en "Aceptar"