¿Buscar na enciclopedia ou facer unha enciclopedia?
Requisitos do completado
Desde a educación primaria se lle solicita ao alumnado que busque información nun diccionario ou nunha enciclopedia cando quere solucionar algunha dúbida.Agora as novas ferramentas da web 2.0 permiten no só consultar en múltiples fontes de información senón que ademáis permite que sexamos nós mesmos ou o noso alumnado o que elabore esa información.
Os beneficios pedagóxicos desta forma de proceder parecen evidentes, obrigamos a detectar as ideas fundamentais, a seleccionar información, a redactar con precisión, ... E ademáis parece un reto moito máis interesante que o de buscar información e redactala.
¿Como pode ayudarnos o wiki nesta actividade?, pois colaborando coa maior enciclopedia libre que existe na actualidade, unha enciclopedia que está baixando nos seus índices de participación e que podemos colaborar a construír entre todo o mundo.
Nesta actividade imos realizar unha entrada na wikipedia sobre un termo relacionado coa nosa especialidade profesional. Na aula esta actividad poderemos adaptala ao nivel educativo do noso alumnado.
Para realizar as prácticas que precisedes, podedes comezar facendo os vosos ensaios no glosario que se presenta a continuación.
A continuación tes un pequeno titorial que mostra como traballar coa wikipedia:
from Educ@conTIC on Vimeo.
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM