Mans á obra

Unha posibilidade que nos permite a wiki é pedirlle ao alumnado que elabore información sobre un tema determinado. Podemos presentar un listado de cuestións e solicitarlle ao alumnado que busque información sobre elas, tamén podemos presentar un texto no que sinalemos unha serie de palabras ou conceptos que o alumnado terá que investigar e completar a súa información, permitindo ademáis que cada alumno ou alumna determine que outros conceptos son relevantes e tamén se pode buscar información sobre eles.

A continuación tes un vídeo no que se informa sobre como podemos facer iso, e posteriormente se presenta unha actividade na que poderás comprobar como se pode implementar esta aplicación educativa da wiki.


Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM