Actividade con Aurasma
Requisitos do completado
No Castro de Vigo hai creadas esceas en realidade aumentada (é dicir, auras) e o que se propón é que o alumnado vaia cos seus dispositivos móbiles e enfoquen coa app Aurasma en distintas localizacións do castro e contesten a seguinte pregunta:
Qué obxecto se ve cando se enfoca con Aurasma:
- nun tríscle gravado na superficie dunha construción?
- nunha canle de condución de auga?
- nunha construción da que se sabe con certeza que foi unha vivenda?
- nun silo?
- nun almacén?
- nunha construción que se cree que foi unha sauna?
As auras anteriores son públicas e para poder velas hai que seguir a persoa que as creou. O enlace está no seguinte código Qr. Logo de abrila, darlle a follow e xa se poden ver as auras cando se vaia ao Castro de Vigo.

Última modificación: venres, 21 de xullo de 2017, 12:51 PM