Teoría morfoloxía e fisioloxía
REINO PLANTAS
- Clasificación básica das plantas
- Plantas sen flores
- Musgos
- Fentos
- Plantas con flores
- Ximnospermas
- Anxiospermas
- Plantas sen flores
- Morfoloxía das espermatófitas.
- Fisioloxía das espermatófitas
- Nutrición
- Absorción
- Transporte
- Fotosíntese
- Transpiración
- Respiración
- Relación
- Nastias
- Tropismos
- Reprodución.
- Asexual
- Estolóns
- Esquexes
- Sexual
- Polinización
- Semente
- Froito
- Asexual
- Nutrición
- CLASIFICACIÓN BÁSICA DAS PLANTAS
As plantas clasifícanse segundo a presenza/ausencia de flores e a presenza/ausencia de vasos condutores. Así, temos:
- Plantas sen flores (Pteridófitas)
- Plantas sen vasos condutores: MUSGOS
- Plantas con vasos condutores: FENTOS
- Plantas con flores (Espermatófitas)
- Plantas sen froito: XIMNOSPERMAS
- Plantas con froito: ANXIOSPERMAS
- PLANTAS SEN FLORES.
- MUSGOS
Son plantas de pequeno tamaño que sobresaen só uns centímetros do solo. Dependen da auga para a súa reprodución. As súas características principais son:
- Non teñen vasos condutores para repartir a auga e os nutrientes polo seu corpo. Absorben a auga pola superficie do seu corpo.
- Non teñen raíz, talo nin follas verdadeiras (aínda que semellan telas). Se suxeitan ao solo por uns rizoides (parecido a unha raíz) e deles sae un cauloide (parecido a un talo). No cauloide atopamos os filoides (semellantes ás follas).
- Forman esporas en determinadas épocas do ano. As esporas se forman nos esporanxios. As esporas precisan de auga para se dispersar e dar lugar a un novo musgo.
Ciclo de vida dun musgo típico (Polytrichum commune), Mariana Ruiz Villareal en Wikipedia. Dominio público.
- FENTOS
Son de maior tamaño cos musgos, podendo acadar varios metros de altura. Tamén dependen da auga para a súa reprodución. As súas características principais son:
- Posúen vasos condutores que distribúen as substancias por toda a planta.
- Presentan raíz, talo e follas verdadeiras. O talo chámase rizoma e é subterráneo. De el saen unhas folas, as frondes, divididas. A raíz crece ao longo do rizoma.
- Os esporanxios se atopan debaixo das frondes, reunidos nuns avultamentos chamados soros.
- MUSGOS
Morfologie fougère, Abalg en Wikipedia CC BY-SA 3.0.
- PLANTAS CON FLORES.
- XIMNOSPERMAS
O piñeiro, o abeto e o ciprés son ximnospermas. Na súa maioría son grandes árbores que cobren grandes extensións de terreo. As súas características principais son:
- Son de folla perenne, é dicir, conservan a súa folla todo o ano. Estas follas son duras e teñen forma de agulla (piñeiro) ou escama (tuia).
- As súas sementes non están recubertas por un froito.
- As súas flores son pequenas e pouco vistosas. Denomínanse conos ou inflorescencias.
Flores de ximnospermas
Os piñeiros teñen as flores agrupadas en inflorescencias en forma de cono, de tal modo que as plantas que as posúen denomínanse coníferas. É bastante habitual que as flores masculinas e femininas estean separadas en conos diferentes.
Os conos femininos ou piñas están formados por un eixo central no que se dispoñen en espiral moitas escamas. Cada escama leva dous óvulos que non están encerradas nun ovario.
Os conos masculinos son pequenos e forman grupos. As súas pequenas escamas teñen millóns de grans de polen.
Despois da fecundación fórmanse as sementes ou piñóns. Como os óvulos non están no interior dun ovario as sementes non se cobren por un froito.
- ANXIOSPERMAS
O carballo, as rosas e o bidueiro son exemplos de plantas anxiospermas. Hai multitude de especies distintas, de diferentes tamaños e que poden vivir en diferentes lugares, incluso somerxidas no mar. As súas principais características son:
- Moitas especies son de folla caduca, é dicir, durante o inverno perden tódalas súas follas. Isto permítelles soportar o frío mellor.
- As follas das anxiospermas son moi variadas en forma e tamaño.
- Teñen sementes pechadas nun froito, polo que están máis protexidas e de poden dispersar máis facilmente coa axuda dos animais que as consumen.
- Posúen flores de vivas cores que atraen a animais para facilitar a polinización. Habitualmente as flores son hermafroditas.
- XIMNOSPERMAS
- MORFOLOXÍA DAS ESPERMATÓFITAS.
O corpo dunha planta está formado pola raíz, o talo e as follas. Estes son os seus órganos vexetativos.
- A raíz é parte da planta que se introduce no solo. A súa función é soster o resto da planta e para absorber auga e sales minerais. Nalgunhas especies é tamén o lugar onde se almacenan substancias nutritivas de reserva (cenoria, pataca,…).
- O talo é a parte aérea da planta e polo seu interior circulan gran cantidade de substancias que poden ir dende a raíz ás follas (zume bruto) ou dende as follas á raíz (zume elaborado). Pode realizar outras funcións, como almacén de substancias.
Normalmente é aéreo, pero, ás veces, pode ser subterráneo.
Ao longo do talo se atopa os nós, uns pequenos avultamentos dende onde parten as pólas e as follas. O espazo do talo comprendido entre dous nós denomínase entrenó.
O talo medra polos ápices terminais, que son o ápice apical e o radicular. Ademais hai xemas axilares dende onde crecen as pólas e as follas.
- As follas son expansións con forma de lámina do talo, de cor verde. Nelas se leva a cabo a fotosíntese, o intercambio de gases e se elimina auga mediante a transpiración.
A parte ancha da folla denomínase limbo. O limbo ten unha cara superior chamada face, e outra inferior, o envés. A parte que une o limbo co talo é o pecíolo.
Nas follas, xeralmente no envés, aparecen uns pequenos poros denominados estomas, a través dos cales entran e saen gases (osíxeno e dióxido de carbono) e sae auga en forma de vapor.
- FISIOLOXÍA DAS ESPERMATÓFITAS
- NUTRICIÓN.
A nutrición autótrofa das plantas consta de cinco fases:
- Absorción de auga e sales minerais pola raíz. Esta mistura denomínase zume bruto.
- Transporte do zume bruto polo talo ás follas.
- Fotosíntese nas follas. Grazas á enerxía aportada pola luz do Sol o zume bruto transfórmase en zume elaborado, unha mestura de distintos azucres.
Este proceso prodúcese nuns orgánulos denominados cloroplastos e para levala a cabo, a planta precisa capturar dióxido de carbono e liberar osixeno.
- Transpiración do auga nas follas a través dos estomas. Este paso é necesario para permitir que o zume bruto poida ascender ata as follas.
- Respiración. En tódalas células da planta. Os azucres obtidos na fotosíntese se utilizan como fonte de enerxía. A respiración lévase a cabo nas mitocondrias e nela se consume osixeno e se libera dióxido de carbono.
- RELACIÓN.
Como tódolos seres vivos, as plantas teñen a capacidade de responder ante cambios no medio ambiente. Esta é a función de relación. As respostas fronte a un estímulo poden ser movementos (non poden desprazarse pero si que se moven) de dous tipos:
- Nastias. Son movementos desencadeados por un estímulo e que se realizan de forma independente a ese estímulo. Por exemplo a apertura e peche dos estomas ou as follas modificadas dunha planta carnívora.
- Tropismos. Son movementos desencadeados por un estímulo e que se realizan en función á dirección dese estímulo, os máis típicos son:
- Xeotropismos. Crecemento da raíz a favor da gravidade para enterrarse ou do talo en contra para ascender.
- Fototropismos. Cambio de dirección do talo e follas buscando a luz do Sol.
- REPRODUCIÓN.
- ASEXUAL
Neste tipo de reprodución se forma un novo individuo a partir dun fragmento ou porción doutro. O resultado é un descendente xeneticamente idéntico ó proxenitor. Entre as formas máis comúns destacamos:
- Estolóns. A planta produce un talo (estolón) que se afasta da planta principal e xermina e produce unha nova cando toca o solo.
- Esquexes. Ao plantar un fragmento da planta orixinal, este xermina e dá lugar a unha nova planta.
- SEXUAL
Nela participan dous gametos (un masculino e outro feminino) obtidos por meiose polo que os descendentes son xeneticamente diferentes entre si e cos seus proxenitores.
A flor é a estrutura reprodutora e consta de:
- Pedúnculo. Parte da flor que a une ao talo.
- Envoltura floral. Presenta:
- Cáliz, formado polos sépalos. Son verdes e duros e protexen a flor ata que se abre.
- Colora, formada polos pétalos. Son coloreados para atraer aos insectos.
- Órganos reprodutores, protexidos pola envoltura floral. Son:
- Os estames. Son o órgano reprodutor masculino, formados por un filamento e unha antera. No interior da antera atópanse os grans de pole.
- O pistilo é o órgano reprodutor feminino. na súa parte inferior están os ovarios, que conteñen os óvulos,
Mature flower crooped-es, Mariana Ruíz en Wikipedia. Dominio público.
Algunhas flores aparecen de unha en unha, en cambio outras o fan xuntas formando grupos denominados inflorescencias. Segundo como se agrupen as flores nas inflorescencias reciben un nome distinto. Así, por exemplo:
- Polinización.
É o transporte dos grans de pole dende a antera dunha flor ata o estigma doutra. Hai varias posibilidades de levar a cabo este transporte, as principais son:
- Anemocoria, é o transporte mediante o vento. As plantas anemócoras producen moitos grans de pole e estes teñen estruturas capaces de flotar no vento. Típico de plantas como os piñeiros.
- Zoocoria, é o transporte mediante animais. As plantas zoócoras teñen flores moi vistosas para atraer aos insectos ou animais que transporten o pole. Producen pouco pole.
- Semente.
A semente prodúcese cando se fecundan os óvulos do pistilo co pole dos estames. Unha semente común consta de:
- Un embrión da planta que xerminará. É como unha planta en miniatura que ten unha raiciña ou radícula, un taliño ou plúmula e dúas follas carnosas con reservas alimenticias denominadas cotiledóns. O ápice de crecemento do embrión denomínase xémula.
- Cubertas protectoras, a testa e o tegumento.
- O albume, substancia de reserva enerxética.
Esporas-sementes.
Como vimos antes, os musgos e os fentos producen esporas e as plantas ximnospermas e anxiospermas, sementes. Inda que poidan parecer o mesmo, non o son.
- As esporas están constituídas por unha única célula, mentres que as sementes están formadas por un embrión pluricelular.
- As sementes posúen un endospermo capaz de alimentar ó embrión ata a xerminación e as esporas non teñen nada parecido.
- As sementes posúen cubertas protectoras, mentres que as esporas apenas teñen protección.
- O froito.
O froito prodúcese a partir do ovario que se transforma para protexer a semente.
Drupe fruit diagram-en, LadyHats en Wikipedia. Dominio público.
O epicarpo é a casca do froito. Nos froitos secos é moi dura.
O mesocarpo é parte intermedia. Normalmente carnosa e cargada de substancias suculentas. Nos froitos secos desaparece.
O endocarpo protexe a semente. Nos froitos secos está reducido a unha lámina fina.