Actividade con Canva
TRÍPTICOS
Nesta actividade proponse a realización dun tríptico da visita do alumnado a un castro, neste caso ao Castro de Vigo. Para iso vaise utilizar un programa gratuito que permite a creación de trípticos para educación, "Canva para educación".
NOTA: Esta actividade é para facer a través da aplicación web xa que nestes intres a creación de trípticos aínda non esta dispoñible na app.
Os trípticos son folletos moi utilizados xa que constan dunha folla á que se lle fai dous plisados e se obteñen 6 caras. Estas seis caras sobre as que se vai traballar permiten engadir unha maior cantidade de textos, imaxes e gráficos e permiten estruturar dunha mellor forma a información.
De forma moi esquemática indícase a información que ten que ir en cada cara e a actividade que hai que realizar en cada unha delas.
EXEMPLO:
Tríptico, El cargador original Zuirdj en Wikipedia CC BY-SA 3.0.