Actividades con OpenSteetMap
OpenStreetMap (tamén coñecido polas súas siglas OSM) é un proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables. As trazas dos mapas créanse empregando información obtida de dispositivos GPS ou empregando fotografías aéreas ou de satélites .
O proxecto baséase en edicións feitas por colaboradores rexistrados. Os usuarios crean unha conta rexistrándose na páxina do proxecto OSM. Poden editar directamente os mapas na páxina web do proxecto sen necesidade de instalar programa algún no seu ordenador. Unha vez rexistrado e accedido á páxina de edición amósanse imaxes de distintas zonas. Cada usuario pode elixir a zona ou lugar que desexa mapear. Converter esas fotos en datos que se incorporarán á base de OSM. Así pódense trazar estradas, edificios, terreos, zonas segundo o seu uso ou calquera outro dato. Todo será incorporado aos mapas de OSM.
Esta actividade consta de dúas fases:
Fase A: Traballo de campo.
Nesta primeira fase, realizarase un traballo de campo, para iso empregarase a app OSM TRACKER. O alumnado coa app do móbil trakeará e así irá marcando os puntos de trazas do percorrido que vai facendo. Cando se vexa unha zona de interese que se queira cartografar, pódense marcar nela os puntos de interese que se desexen. Os puntos de traza márcanolos o GPS, no percorrido que se vai facendo, e os diferentes puntos de interese que se desexan indicar atópanse na seguinte imaxe. Esta traza realizada servirá simplemente como modelo para marcar sobre Openstreet map os puntos de interese.
Fase B: Traballo no ordenador.
No ordenador abrir a páxina do OpenStreetMap e buscar a zona que se trakea coa app do móvil, que servirá de modelo para marcar sobre OpenStreetMap os puntos de interese.
ACTIVIDADE A REALIZAR: MUSEO DO MAR-ALCABRE-VIGO.
A, Zona trakeada.
B. Ampliación da zona.
ACTIVIDADE-1: Sobre este mapa ampliado marcar os puntos de referencia que se indican a continuación:
- Museo do mar.
- Castro Punta do Muiño do Vento.
- Altar púnico.
- Potiño de Alcabre.
- Área do castro.
- Indicar a área máis grande da vivenda do castro.
SOLUCIÓN-1:
ACTIVIDADE-2: Despois de mapear o poboado castrexo do Castro en Vigo coa app OSM TRACKER, sobre o mapa ampliado marcar os puntos de referencia que se indican a continuación:
- Árbores da zona.
- Casas reconstruídas.
- Restos Castrexos.
- Elementos a destacar do castro.