Actividades con códigos QR
- En parellas, no parque. Fotografar co dispositivo móbil as seguintes especies de árbores (podédesvos axudar na identificación escaneando os códigos QR previamente colocados)
- Ginko biloba
- Ombú.
- Bidueiro
- Piñeiro.
- Ciprés.
- Carballo
- Castiñeiro
- En grupos de tres. No centro e contorno. Gymkana
A primeira pista poderase atopar, escaneando un código QR, na porta da biblioteca do instituto.
a) Código QR con pista:
O seu nome significa “madeira dos deuses”.
A seguinte pista estará agochada baixo unha pedra no estanque.
b) Código QR con pista:
Utilizado na medicina tradicional india na elaboración de medicamentos.
Podes atopar a seguinte pista nunha póla dunha árbore senlleira do centro.
c) Código QR con pista:
As súas piñas e follas teñen esta forma.

Green cone on a branch of deodar cedar, Alefirenko Petro en Wikipedia CC BY-SA 3.0
A última pista espérate nas raíces dunha árbore que produce aceite.
d) Código QR con pista:
As súas pólas caen lixeiramente, polo que dá a sensación de chorar.
Se sabes a solución, twiteaa rapidamente ao grupo de clase.
SOLUCIÓN: Cedrus deodara
[A información necesaria para superar esta proba pódese atopar nas fichas dixitais elaboradas previamente]