Retos propostos
Os retos propostos son:
- Carreira de robot nunha pista segueliñas branca.
O robot seguirá un camiño marcado no chan de cor branca, sobre un fondo escuro de aproximadamente 2 cm de ancho. A lonxitude do camiño será menor de 4 metros. Non existirán cruzamentos nin obstáculos pero pode haber cambios bruscos de dirección (o radio das curvas será superior a 5 cm.). Inicialmente colocar o robot sobre a liña branca.
Obxectivo: dar unha volta completa ao circuíto o máis rápido posible.
Tempo máximo: 60 segundos.
Puntuación: 10 puntos o primeiro, 9 o segundo, etc
No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- Carreira de robot nunha pista segueliñas negra.
O robot seguirá un camiño marcado no chan de cor negro, sobre un fondo branco de aproximadamente 3 cm de ancho. A lonxitude do camiño será menor de 3 metros. Non existirán cruzamentos nin obstáculos e o percorrido será sinxelo pero deberá realizarse en menos de 10 segundos. Inicialmente colocar o robot sobre a liña negra.

- Carreira de robot nunha pista segueliñas negra con cruzamento.
Co mesmo programa que o reto anterior realiza o percorrido na seguinte pista. Que se nota?.
- Varredor de latas brancas.
Este novo reto chámase varredor de latas brancas porque o robot fará o papel de varredor e limpará unha zona de latas forradas de cor branca.
Dentro dun recinto circular (liña branca sobre fondo negro) de aproximadamente 1 m. de diámetro marcado no chan, disporanse dúas latas de refresco brancas. O robot debe sacar do recinto todas as latas no menor tempo posible.
Obxectivo: sacar as latas do recinto
Tempo máximo: 120 segundos
Puntuación: 10 puntos ao primeiro, 9 ao segundo, etc.
No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- Esquivar obstáculos que encontra no camiño e seguir a liña.
Neste reto o robot seguirá unha liña branca sobre unha pista negra e cando atope un obxecto terá que esquivalo.
Achégase vídeo do reto.
- Eliminar obxectos que encontra no camiño facendo un pequeno xiro antes.
Neste reto o robot seguirá unha liña branca sobre unha pista negra e cando atope un obxecto terá que esquivalo pero previamente fará un xiro sobre si mesmo.
Achégase vídeo do reto.
- Empuxar obxectos que encontra no camiño, lateralmente, fora do percorrido.
Neste reto o robot seguirá unha liña branca sobre unha pista negra e cando atope un obxecto terá que botalo fora do camiño, empuxándolo por un lateral.
O vídeo do reto e o seguinte: