Tipos de robots
Conditions d'achèvement
Robot mBot:
Utiliza unha placa mCore, protexida cunha carcasa de plástico, que leva no seu interior:
- catro conectores RJ25 que van conectados aos sensores que dispón o robot (ultrasóns, seguidor de liña, son, luminosidade, infravermello),
- dous portos para conectar motores,
- dous LEDs RGB,
- dous LEDs normais e
- un zoador.
Robot mBot Ranger:
Este robot é máis versátil que o mBot e nos permite a construción de tres montaxes diferentes: robot tanque, robot de carreira de tres rodas e robot balancín.
Robot de carreira de tres rodas Robot balancín Robot tanque
Utiliza unha placa Me Auriga. Esta placa presenta maiores posibilidades que a do mBot xa que leva instalados sete sensores diferentes, así como dez portos de expansión con conectores RJ25 e un módulo con 12 leds RGB.
Modifié le: dimanche 9 juillet 2017, 01:05