Robot  mBot:

Utiliza unha placa mCore, protexida cunha carcasa de plástico, que leva no seu interior:

  • catro conectores RJ25 que van conectados aos sensores que dispón o robot (ultrasóns, seguidor de liña, son, luminosidade, infravermello),
  • dous portos para conectar motores,
  • dous LEDs RGB,
  • dous LEDs normais e
  • un zoador.

mBot1   mBot2  mBot3

Robot mBot Ranger:

Este robot é máis versátil que o mBot e nos permite a construción de tres montaxes diferentes: robot tanque, robot de carreira de tres rodas e robot balancín.

ranger 3 rodas                    ranger balancin                    ranger tanque

Robot de carreira de tres rodas                        Robot balancín                                              Robot tanque

Utiliza unha placa Me Auriga. Esta placa presenta maiores posibilidades que a do mBot xa que leva instalados sete sensores diferentes, así como dez portos de expansión con conectores RJ25 e un módulo con 12 leds RGB.

Last modified: Sunday, 9 July 2017, 1:05 AM