Sensor de son
Requisitos do completado
Para que sirve?:
O sensor de son da placa Me Auriga, foi deseñado para detectar o nivel de intensidade sonora ao redor desta placa. Pode ser utilizado para programar o robot, de tal xeito que o robot poida ser manexado pola voz, facendo esta a función de interruptor.
As características deste sensor segundo Makeblock:
Amplificador de potencia integrado LM386 con micrófono do tipo electret y pode producir un rango de valores de saída analóxico entre 0 e 2013.
- Sensor de son-1: Comprobar o funcionamento do sensor de son do mBot Ranger. Para iso hai que crear unha variable que se chamará “son” e programar o mBot Ranger, para que o robot reaccione ante a palabra son.
SOLUCIÓN:

- Sensor de son-2: Nesta actividade se combinan os LEDs co sensor de son. Deseñar un programa no que cando o nivel do sensor de son sexa maior de 130 se active a Matriz de LEDs en cor vermello, como sinal de alerta do nivel de ruído existente.
SOLUCIÓN:
- Sensor de son-3: Partindo da actividade anterior facer que a medida que aumente a intensidade, a luz vermella sexa intermitente. Débese incluír un “Bloque“ que se chame “Son e Luz”.
SOLUCIÓN:
- Sensor de son-4: Partindo do reto anterior facer que a medida que aumente a intensidade do son, se cree unha discoteca coas tres cores.
SOLUCIÓN:
- Sensor de son-5: Partindo do reto anterior facer que a medida que aumente a intensidade do son, o mBot Ranger avance a velocidade 100 e no caso contrario que pare.
SOLUCIÓN:
Última modificación: luns, 24 de xullo de 2017, 3:46 AM