introducion

Para que sirve?:

O sensor segueliñas vai detectar liñas ou obxectos próximos.

 sensor1  sensor2  sensor3

      

Nas imaxes anteriores vemos que dispón de dous sensores. Cada sensor ten un diodo LED emisor de infravermellos IR e un fotodiodo IR que detecta a luz infravermella.

Como vemos na seguinte imaxe pola medida da cantidade de luz infravermella reflectida, é posible detectar as transicións entre liñas escuras e liñas claras, así como a luz reflectida directamente en fronte do sensor.

sensor liña

Funcionamiento del módulo detector de línea, Susana Oubiña Falcón en Divirtiéndome con mBot Ranger CC BY 4.0.

 

Conexión do sensor segueliñas á  placa Me Auriga:

O sensor se conecta á placa Me Auriga a través dos portos que mostran etiqueta azul (6-10). Nas actividades seguintes está conectado ao porto 9.

 conexion1  conexion2  conexion3  conexion4

 

actividades

  • Seguelíñas-1: Conectar o sensor ao porto 9 e copiar o seguinte código co robot conectado ao ordenador. Executar o programa e medir os valores que o Panda dá cando o robot está sobre unha superficie negra, sobre unha superficie branca, ou a metade en cada cor. Anotar o resultado debaixo de cada foto.

segueliñas1

SOLUCIÓN:

segueliñas1-panda

segueliñas1_sol

3: os dous sensores están fora da liña negra.

0: os dous sensores están dentro da liña negra.

2: o sensor 1 está fora da liña negra.

1: o sensor 2 está fora da liña negra.

                       

  • Seguelíñas-2: Programar o robot para que siga a liña negra. Fíxate no seguinte vídeo e estuda como o robot vai corrixindo a súa traxectoria. 

 

 

Agora completa a seguinte actividade:

    • Se o robot vai pola liña negra ten que simplemente avanzar

segueliñas pola liña

 

    • Se o robot sae pola esquerda, debe virar lixeiramente á dereita

segueliñas sae esquerda

 

    • Se o robot sae pola dereita debe virar lixeiramente á esquerda.

segueliñas sae dereita

 

    • Se o robot sae totalmente, que debe facer? (posiblemente esta elección marque a diferenza entre os robots).

 segueliñas sae dereita-esquerda

 

  • Seguelíñas-3: Realizar un programa para o robot percorra a pista indicada no menor tempo posible.

segueliñas3 

SOLUCIÓN:

 

segueliñas3

 

  • Seguelíñas-4: Baseándose no programa anterior realizar os axustes necesarios para facer o recorrido no menor tempo posible, na seguinte pista, que ten cruzamentos e curvas. 

segueliñas4

SOLUCIÓN: É a mesma que a actividade anterior coa única diferenza de que hai que axustar a velocidade para que non se saia o robot da liña negra nos cruzamentos e curvas.

  • Seguelíñas-5: Programar o robot para que siga unha liña branca sobre unha pista negra. Para reforzar os coñecementos, pintar un curto tramo de pista e contestar as seguintes preguntas:
      • Si vai sobre liña branca o marcador indica ……...    Que facer? ………..
      • Si sae pola esquerda o marcador indica ………….   Que facer? …….....
      • Si sae pola dereita o marcador indica ……………..   Que facer? …….....
      • Si pisa totalmente a liña negra o marcador indica .... Que facer? ……...

SOLUCIÓN:

 segueliñas4

 

  • Seguelíñas-6: Realizar o programa para que o robot poda seguir a seguinte liña branca do circuíto.

segueliñas5

SOLUCIÓN:

 segueliñas6

Última modificación: mércores, 26 de xullo de 2017, 9:15 AM