1. En parellas, no parque. Fotografar co dispositivo móbil as seguintes especies de árbores (podédesvos axudar na identificación escaneando os códigos QR previamente colocados)
    • Ginko biloba
    • Ombú.
    • Bidueiro
    • Piñeiro.
    • Ciprés.
    • Carballo
    • Castiñeiro

     

  2. En grupos de tres. No centro e contorno. Gymkana

A primeira pista poderase atopar, escaneando un código QR, na porta da biblioteca do instituto.

a)    Código QR con pista:

O seu nome significa “madeira dos deuses”.

A seguinte pista estará agochada baixo unha pedra no estanque.

b)   Código QR con pista:

Utilizado na medicina tradicional india na elaboración de medicamentos.

Podes atopar a seguinte pista nunha póla dunha árbore senlleira do centro.

c)    Código QR con pista:

As súas piñas e follas teñen esta forma.

imaxe actividad 2 con codigo qr

Green cone on a branch of deodar cedar, Alefirenko Petro en Wikipedia CC BY-SA 3.0

A última pista espérate nas raíces dunha árbore que produce aceite.

d)   Código QR con pista:

As súas pólas caen lixeiramente, polo que dá a sensación de chorar.

Se sabes a solución, twiteaa rapidamente ao grupo de clase.

 

SOLUCIÓN: Cedrus deodara

[A información necesaria para superar esta proba pódese atopar nas fichas dixitais elaboradas previamente]

Last modified: Tuesday, 27 June 2017, 12:42 PM