Ola a todos/as:
Escribímosvos para recordarvos datas e ligazóns dos eventos de formación que nos quedan para este curso académico en relación ao proxecto SBLENDID:
Webinario de eTwinning con Carmen Fernández. Terá lugar o día 28 de abril ás 11:00 (mércores, 1 hora) nesta ligazón (Número de reunión - código de acceso: 163 163 6612. Contrasinal da reunión: 2bNJxf6JPv3). É moi importante que a esta sesión asista non só o profesorado que este ano forma parte do SBLENDID, senón aquel a quen lle interese participar o vindeiro ano.
-
Xornada de difusión do proxecto SBLENDID. Terá lugar o día 6 de maio ás 11:00 (xoves, 1 hora). Achegamos o programa da sesión. Os destinatarios son, de novo, non só os/as participantes de SBLENDID, senón neste caso calquera docente ao que lle interese o ensino semi e sen coñecementos previos, pois será presentado precisamente polo profesorado participante na 2ª mobilidade, onde se iniciaron nesta modalidade. O que si é importante, organizativamente, é que todo o profesorado que asista encha este formulario.
Será bo que despois de escoitar a Carmen deixemos a nosa reflexión ou proposta no foro correspondente, especialmente se non podedes asistir á sesión en directo e a vedes en diferido, para termos constancia tamén da vosa "asistencia" deste xeito.
Un saúdo e deica mañá!
Alicia Eizaguirre e Diana Pastoriza