Importación de arquivos en Smart Notebook 10.7
Requisitos de finalización
Apuntes de tipos de arquivos que poden ser importados para o seu emprego nas versión de Smart Notebook 10.7 en adiante.
Tipos de Arquivos
Smart Notebook é un software que se emprega para facer presentacións interactivas. Os arquivos que se poden abrir e editar en Smart Notebook teñen que ter a extensión .notebook. Pero ademais é posible importar arquivos feitos con outros programas:
- Os de extensión .ppt ou .pptx , de Microsoft Powerpoint.
- de extensión .flp , feitos con Promethean Active Studio (xa obsoleto e substituído por Active Inspire)
- de extensión .xps , feitos coa impresora de arquivos de imaxe que se instala con Microsoft Office 2007 e 2010
- de extensión .iwb , é un formato universal. Smart Notebook permite importar estes arquivos, aínda que non permite exportar a este formato. Sen embargo Promethean Active Inspire si que permite gardar os seus arquivos con este formato.