Importación de arquivos en Smart Notebook 10.7

Sitio: Centro Autonómico de Formación e Innovación - Aula virtual
Curso: S1201061 - Traballando co encerado dixital interactivo (EDI) Smart en GNU/Linux. Edición Abalar
Libro: Importación de arquivos en Smart Notebook 10.7
Imprimido por: Invitado
Día: jueves, 20 de noviembre de 2025, 20:22

Descripción

Apuntes de tipos de arquivos que poden ser importados para o seu emprego nas versión de Smart Notebook 10.7 en adiante.

Tipos de Arquivos

Smart Notebook é un software que se emprega para facer presentacións interactivas. Os arquivos que se poden abrir e editar en Smart Notebook teñen que ter a extensión .notebook. Pero ademais é posible importar arquivos feitos con outros programas:
  • Os de extensión .ppt ou .pptx , de Microsoft Powerpoint.
  • de extensión .flp , feitos con Promethean Active Studio (xa obsoleto e substituído por Active Inspire)
  • de extensión .xps , feitos coa impresora de arquivos de imaxe que se instala con Microsoft Office 2007 e 2010
  • de extensión .iwb , é un formato universal. Smart Notebook permite importar estes arquivos, aínda que non permite exportar a este formato. Sen embargo Promethean Active Inspire si que permite gardar os seus arquivos con este formato.

Exportar a formato html

Smart Notebook permite exportar ao formato html. Neste formato xa non se pode modificar o arquivo nin interactuar con el, serve só para visualizar o seu contido.

A utilidade desta opción, sería para poder ver unha presentación feita co Smart Notebook empregando un navegador web coma o Internet Explorer ou o Mozilla Firefox, ben no propio ordenador ou ben colgandoo o arquivo nunha páxina web.

Como podo aproveitar os arquivos de Powerpoint e Impress?

Smart Notebook permite importar os arquivos de Powerpoint se está instalado nun ordenador que conte con Microsoft Office.

Así que o que temos que facer é instalar Smart Notebook nun ordenador con Microsoft Office aínda que non teña unha EDI conectado a el, para usarlo para importar todos os arquivos de powerpoint que queiramos aproveitar. Unha vez xa importados os gardamos como .notebook

Os arquivos de LibreOffice Impress e Openoffice Impress teñen extensión .odp. Antes de poder importalos no Smart Notebokk, deberemos gardalos no LibreOffice ou o Openoffice como arquivos Powerpoint .ppt. A partir de ahí seguemos o procedemento anterior.

Crear un arquivo iwb

Se temos instalado Promethean Active Inspire 1.6 , podemos importar os arquivos de adobe acrobat (extensión pdf) e a continuación exportalos ao formato iwb.

Smart Notebook non deixa importar arquivos do formato pdf, aínda que si os do formato iwb.

Crear un arquivo XPS

Nun ordenador que teña instalado Microsoft Office 2007 ou 2010, veremos unha impresora "ficticia" chamada "Microsoft XPS Document Writer"
Impresora XPS
Dende calquera programa podo imprimir por esa impresora, e o que fará é crear un arquivo de tipo XPS nun cartafol do ordenador. Ao facelo nos preguntará o nome que queremos que teña o arquivo e o cartafol onde gardalo.

Requisitos para poder importar cada tipo de arquivo

Desgraciadamente para que o Smart Notebook sexa capaz de importar un arquivo de MS Powepoint (ppt) ou XPS, precisa que no mesmo ordenador tamén estea instalado o Microsoft Office 2007 ou 2010. Libre Office ou Openoffice non serven.
  • Se instalamos Smart Notebook nun sistema operativo Linux, non poderemos importar arquivos de powerpoint nin XPS xa que o Microsoft Office só pode ser instalado en Windows.
  • Nos ordenadores das Aulas Abalar emprégase Linux e LibreOffice. Por iso non se pode importar arquivos XPS nin os do powerpoint.

Respecto á importación de arquivos de tipo iwb, é unha característica reciente de Smart Notebook e só está dispoñible a partir da versión 10.7