Actividade 12: Deseñar a proposta de carácter aberto e colaborativo.

En primeiro lugar, contesta as seguintes preguntas para axudarte a centrar a tarefa. Unha vez que teñas as túas respostas, desenvolve brevemente os mesmos apartados na túa wiki.
- Indica o enderezo do teu wiki.
- Cal é a denominación do teu curso.
- ¿A quen vai dirixido?
- Cales son os obxectivos xerais da aprendizaxe. Mais adiante poderás concretalos ou amplialos.
- Cales son os contidos xerais. Fai o guión provisional, o máis completo que poidas.
- Indica as actividades. Para cada obxectivo sinala cando menos unha actividade.
- Avaliación. Indica como e que vas a avaliar.
- Posicionamento metodolóxico. Explica o papel do profesorado e do alumnado.
- Posicionamento metodolóxico. Explica os usos e ferramentas comunicativas.
- Wiki como ferramenta docente. Explica como vas a incorporar todo isto ao teu wiki.
Lembra: a tarefa final consiste nunha actividade completa de caracter aberto e participativo aloxada no teu wiki. Debes incluír claramente, cando menos, os siguientes apartados: título, obxectivos, actividades, recursos, moderación-titorización (labor do profesorado), describir o labor do alumnado e a avaliación.
PROPOÑEMOSTE ESTA INFORMACIÓN QUE TE PODE SER DE UTILIDADE:
1. Para lembrar o funcionamento de wiki podes ver o siguiente vídeo:
from Educ@conTIC on Vimeo.
2. Para que coñezas aspectos sobre o titor virtual:
Ler este artigo: RODRÍGUEZ-HOYOS, Carlos; CALVO; Adelina (2011). «La figura del tutor de e-learning. Aportaciones de una investigación con estudios de caso» [artigo en liña]. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento (RUSC). Vol. 8, n.º 1, páxs. 66-79. UOC.
3. E máis información sobre recursos didácticos:
Libro que se pode descargar en liña: Recursos didácticos para la creación de contenidos para entornos de aprendizaje. Manual de aula de e-learning para docentes.
Libro: SALMON, G. (2004).: E-actividades: el factor clave para una formación en línea activa. UOC. Barcelona.
Guía práctica para docentes. Trabajo en equipo. CENTRO INTERNACIONAL DE TECNOLOGÍAS AVANZADAS (CITA)
AGUILAR CUENCA, D., FERNÁNDEZ ROJAS, A., GARCÍA AGUILERA, F. Y otros. (20…): ¿Qué necesito saber para ser teleformador? Las competencias clave de la formación e-learning. Programa EVA. Junta de Andalucía.
E ler este libro que podes descargar en liña: Recursos didácticos para la creación de contenidos para entornos de aprendizaje. Manual de aula de e-learning para docentes.