Para inserir unha imaxe desde un ficheiro deberemos dirixirnos ao menú Inserir e logo premer en Imaxe.
Deseguido, a través do navegador localizaremos a imaxe que desexamos inserir.
Tamén podemos acceder a través da opción Do ficheiro
da Barra de Debuxo situada na parte inferior.
Os deseños tamén inclúen a posibilidade de acceder ao navegador para buscar a imaxe no noso computador:

Podes movela e redimensionala premendo enriba da imaxe do mesmo xeito que comentamos para o cadro de texto. Para movela, prememos no bordo do cadro e, cando apareza a icona dunha man, arrastramos a imaxe co rato até que estea no lugar escollido.
Para facela máis grande ou máis pequena, prememos nunha das esquinas e arrastramos. Ollo! se queremos que non perda a proporción, mantemos pulsada ao mesmo tempo a tecla Maiúsculas.
|
|