Saltar navegación

Efectos de animación

Cando falamos de animacións, referímonos aos efectos animados que lles podemos aplicar aos obxectos que integran a diapositiva. É dicir, cada cadro de texto, imaxe, táboa... da diapositiva pode aparecer ou saír da pantalla cun determinado efecto animado.

Para darlle animación a un obxecto, primeiro seleccionámolo e logo facemos clic no botón Engadir, na sección Animación personalizada do Panel de tarefas.

 

animacion

 

Ao premer en Engadir, aparecerá o seguinte cadro de diálogo. Como vemos, permítenos elixir o efecto e, ademais, a velocidade en que vai aparecer.

Para un mesmo obxecto, podemos seleccionar máis dunha animación: unha para a entrada, outra para a énfase e outra para a saída.

Na pestana Énfase podemos facer que o obxecto xire, escintile ou cambie de cor. Na pestana Saír eliximos un efecto no caso de optar por que o obxecto desapareza. Na pestana Camiños de movemento, podemos seleccionar que tipo de percorrido seguirá o obxecto na animación.

animacion personalizada