En caso de non usar o Asistente, podemos crear diapositivas desde a pantalla de traballo. Por suposto, tamén precisaremos crear diapositivas para avanzar na nosa presentación. Para facelo, contamos con varias opcións:
- Prememos na opción Diapositiva do menú Inserir.
- Prememos no botón dereito do rato no Visor de Diapositivas e seleccionamos a opción Nova Diapositiva.
- Ou tamén podemos premer no botón Diapositiva situado na Barra de Ferramentas.
Aparecerá unha nova diapositiva co deseño da última que utilizaramos:
