Preferencias
As preferencias divídense en sete categorías (na parte superior esquerda aparece a versión do programa):
"Mostrar" para axustar as preferencias xerais de Open-Sankore.
"Bolígrafo", que lle permite cambiar a configuración específica para o uso do anotador.
"Marcador", para os axustes específicos do destacador ou señalador.
"Rede", cos campos necesarios para publicar a actividade na comunidade Planete-Sankoré.
"Licenzas", coa información legal sobre as licenzas do software.
"Acerca de", versión actual do soft e información para contactar co equipo de Sankoré.
"Créditos", agradecementos e mencións a colaboradores.
Abaixo tenemosConfiguración predeterminada(restauramos as opcións iniciais) yCerrar (gárdanse os cambios seleccionados).

Mostrar
Podemos configurar o noso idioma, activar os consellos ao inicio do programa.
Pantalla múltiple, determina o comportamento mostrado na pantalla de proxección. Se está activada, o contido da pantalla principal mostrarase ao escoller o modo "Web" ou ao ocultarOpen-Sankore. Pola contra, é a páxina do modo "Lousa" a que aparece e o usuario activa manualmente a opción facendo clic no "ollo" da caixa de ferramentas. Coa seguinte opción permítese investir a pantalla entre a do proxector e a pantalla do PC.
Paleta lapis, mostra a barra de estilo de Open-Sankore horizontal ou verticalmente.
Barra de ferramentas, mostra a barra de ferramentas na parte superior da pantalla (recomendado para o seu uso en tablets) ou inferior da pantalla (recomendado para o seu uso cunha PDI). Marcando a opción de texto debaixo do botón mostrásense as etiquetas dos botóns da barra
Teclado virtual, permítenos elixir o tamaño do teclado virtual.
Modalidade, permítenos elixir ao iniciar o softwareen o modo Lousa ou no modo Escritorio.

Boligráfo
Cor sobre fondo claro, para cambiar a cor do bolígrafo segundo o fondo de pantalla utilizado. Ademais destes catro colore es, pódense elixir outros tamén optimizados para ofrecer o mellor contraste. Para cambiar, pulse o cadro para modificar e unha nova cor mostrarase. Repita os mesmos pasos para mostrar as cores dispoñibles.
Cor sobre fondo oscuro, o procedento e igual que no caso anterior para a modificación das corres que saíran cando utilicemos un fondo oscuro
Ancho de liña, cambia o ancho de liña.
Sensible á presión, establece se a punta do boligrafo ou punterio reacciona á presión. Esta opción só funciona se se utiliza unha tableta dixital ou PDI, está activada de forma predeterminada.

Marcador
Cor sobre fondo claro , para cambiar a cor do marcador segundo o fondo de pantalla utilizado. Ademais destes catro cores, pódense elixir outros tamén optimizados para ofrecer o mellor contraste. Para cambiar, pulsa o cadro para modificar e unha nova cor mostrarase. Repite os mesmos pasos para mostrar as cores dispoñibles.
Cor sobre fondo oscuro, o procedento e igual que no caso anterior para a modificación das corres que saíran cando utilicemos un fondo oscuro
Opacidade, pódese cambiar a opacidade do marcador.
Ancho de liña, cambia o ancho do trazo do marcador.
Sensible á presión, establece se a punta do marcador reacciona á presión. Esta opción só funciona se se utiliza unha tableta dixital ou PDI, está activada de forma predeterminada.

Rede
Mostrar páxina con explorador externo, se marcamos esta opción o programa utlizará como navegador web o que teñamos establecido como predeterminado no noso equipo.
Páxina de inicio, será a que mostre o navegador integrado na aplicación.
ID planete Sankoré para explorar arquivo, neste apartado poriamos o noso nome de usuario e contrasinal si estiveramos dados de alta en Planète Sankoré para facer públicas as nosas actividades.
Internet, usando o modo Web temos a posibilidade de abrir as páxinas nun navegador externo a Open-Sankore, o navegador que se abre é o definido por defecto no seu sistema. Se non se selecciona esta opción, as páxinas abriranse no modo Web do software-
Identificación en Planete, hai que realizar a inscrición na Web de Planete Sankoré (http://planete.sankore.org/xwiki/bin/view/main/joinsankore) e despois usar o seu nome de usuario e o seu contrasinal para permitir que a súa presentación poida ser compartida na comunidade Sankoré a través dunha ficha de exportación.