Todas as persoas participantes no curso deben presentarse ao resto das compañeiras e dos compañeiros que van a formar a comunidade colaborativa de aprendizaxe. Tede en conta que no caso de non presentarse no prazo establecido considerarase que se renuncia á participación no curso e será motivo de baixa do mesmo.
Neste foro simple, cun único tema de discusión, debes facer a túa presentación respostando a este mesmo tema de debate.
Nesta presentación debedes indicar os seguintes datos:
- O voso nome e apelidos.
- En relación ao Proxecto Webs Dinámicas e o centro educativo de destino:
- Centro Educativo de destino.
- Enderezo web do seu centro.
- Experiencia e participación na web do seu centro.
- Comentarios sobre o Proxecto Webs Dinámicas no seu conxunto.
- En relación ao asistente:
- Nivel educativo e especialidade que imparte.
- Expectativas para o presente curso.
Moito ánimo e bo traballo!