1. Introdución

As actividades que podemos propoñer ó alumnado na aula virtual Edixgal son similares ás das aulas virtuais dos centros.

Ademais das que proporcionan as editoriais, entre outras temos as seguintes:

Actividades e recursos


Son especialmente útiles as tarefas e os cuestionarios. As primeiras permiten que o alumnado achegue o seu traballo á aula e as segundas proporcionan diferentes maneiras de deseñar preguntas autocorrexibles.

Outras actividades moi usadas indícanse a continuación:

Foro: ademais dunha actividade avaliable é unha ferramenta de comunicación e interacción entre os membros do grupo. Pode usarse para resolver dúbidas colaborativamente, para dar unha opinión sobre un tema que lanza o profesor, aportar unha solución etc.

O foro de novas que se crea por defecto é especial e non admite respostas do alumnado. É util para facer avisos de cousas concretas: datas de probas, entregas, comenzo dun novo tema...

Conversa:  é un chat que permite comunicarse en tempo real. Pode ser útil para titorías, resolución de dúbidas etc. Cun número elevado de alumnos pode ser difícil seguir os fíos das conversas.

Escolla: permite que o profesor faga unha pregunta ofrecendo distintas opcións de escolla. Úsase para facer unha enquisa rápida, apuntarse a un turno de exame, escolla de representantes etc.

Comentarios: permite facer preguntas tamén de xeito anónimo polo que é útil para facer enquisas de opinión.

Glorario: permite facer, colaborativamente, un diccionario de termos da materia.

 As actividades H5P permiten presentar contidos ou deseñar cuestionarios dun xeito moi vistoso.


En calquera caso o deseño e funcionamento destas actividades é similar ó das aulas virtuais non Edixgal polo que, salvo a interface e pequenos detalles, os vídeos que se achegan a continuación poden servir para orientarnos cando decidamos empregalas