As actividades no EVA: tarefas. Rúbricas
| Sitio: | Aula Virtual da Zona de Ourense |
| Curso: | Introdución a E-Dixgal |
| Libro: | As actividades no EVA: tarefas. Rúbricas |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 19 de novembro de 2025, 9:57 PM |
Descrición
1. Introdución
As actividades que podemos propoñer ó alumnado na aula virtual Edixgal son similares ás das aulas virtuais dos centros.
Ademais das que proporcionan as editoriais, entre outras temos as seguintes:

Son especialmente útiles as tarefas e os cuestionarios. As primeiras permiten que o alumnado achegue o seu traballo á aula e as segundas proporcionan diferentes maneiras de deseñar preguntas autocorrexibles.
Outras actividades moi usadas indícanse a continuación:
Foro: ademais dunha actividade avaliable é unha ferramenta de comunicación e interacción entre os membros do
grupo. Pode usarse para resolver dúbidas colaborativamente, para dar
unha opinión sobre un tema que lanza o profesor, aportar unha solución
etc.
O foro de novas que se crea por defecto é especial e non admite respostas do alumnado. É util para facer avisos de cousas concretas: datas de probas, entregas, comenzo dun novo tema...
Conversa: é
un chat que permite comunicarse en tempo real. Pode ser útil para
titorías, resolución de dúbidas etc. Cun número elevado de alumnos pode
ser difícil seguir os fíos das conversas.
Escolla: permite
que o profesor faga unha pregunta ofrecendo distintas opcións de
escolla. Úsase para facer unha enquisa rápida, apuntarse a un turno de
exame, escolla de representantes etc.
Comentarios: permite facer preguntas tamén de xeito anónimo polo que é útil para facer enquisas de opinión.
Glorario: permite facer, colaborativamente, un diccionario de termos da materia.
As actividades H5P permiten presentar contidos ou deseñar cuestionarios dun xeito moi vistoso.En
calquera caso o deseño e funcionamento destas actividades é similar ó das aulas virtuais non Edixgal polo que, salvo a interface e
pequenos detalles, os vídeos que se achegan a continuación poden servir
para orientarnos cando decidamos empregalas
2. As tarefas no EVA

Por medio das tarefas podemos propoñer actividades nas que o alumnado teña que escribir unha solución ou achegar arquivos.
Os tipos de entregas nunha tarefa son:
- Texto en liña: o alumno ten que escribir directamente o traballo na páxina do EVA ou gravar un pequeno audio ou vídeo co propio editor.
- Entrega de ficheiros como capturas de pantalla, outras imaxes, pdf... É válido calquera tipo de arquivo pero no caso dos pdf e as imaxes jpg, temos a posibilidade dunha corrección bastante rápida xa que permítenos
facer anotacións directamente.
- Texto en liña e tamén entrega de ficheiros.
- Sen texto nin ficheiros, utilízase para proporcionar unha nota a un traballo ou proba que non precisa ordenador pero que nos interesa que apareza no curso.
2.1. As rúbricas
A rúbrica é unha ferramenta de avaliación que consiste nun documento no que os profesores indicamos claramente en que aspectos nos imos a fixar para cualificar un traballo e ademais, para cada un deles, mostramos os distintos niveis de calidade que se poden conseguir.
É especialmente útil para tarefas como traballos escritos, exposicións orais, a libreta do alumnado, composicións artísticas etc. Con ela evitamos ser arbitrarios e pouco obxectivos na corrección.
Deben mostrarse ós estudantes antes de que entreguen a tarefa para que coñezan os criterios, e unha vez correxida para que visualicen os erros.
Se está ben deseñada ademais dun instrumento para avaliar é unha ferramenta de aprendizaxe moi importante.