2. As tarefas no EVA



Por medio das tarefas podemos propoñer actividades nas que o alumnado teña que escribir unha solución ou achegar arquivos.

Os tipos de entregas nunha tarefa son:

  1. Texto en liña: o alumno ten que escribir directamente o traballo na páxina do EVA ou gravar un pequeno audio ou vídeo co propio editor.
  2. Entrega de ficheiros como capturas de pantalla, outras imaxes, pdf... É válido calquera tipo de arquivo pero no caso dos pdf e as imaxes jpg, temos a posibilidade dunha corrección bastante rápida xa que permítenos facer anotacións directamente.
  3. Texto en liña e tamén entrega de ficheiros.
  4. Sen texto nin ficheiros, utilízase para proporcionar unha nota a un traballo ou proba que non precisa ordenador pero que nos interesa que apareza no curso.


 


Xournal é unha aplicación dos ordenadores Edixgal e Abalar que pode facilitar moito o traballo dos alumnos: