Saltar navegación

Clasificación dos artrópodos

Insectos

Os insectos son o grupo máis abundante de artrópodos. As bolboretas, os saltóns e as libélulas son exemplos de insectos.

As súas principais características son:

  • Teñen o corpo dividido en cabeza, tórax e abdome.
  • Teñen seis patas.
  • Teñen dúas antenas.
  • A maioría teñen ás que lles permiten voar.
  • Algúns son sociais. Isto quere dicir que forman sociedades que se dividen en grupos organizados. Cada un dos grupos ten unha función especializada e, ás veces, estruturas corporais específicas.

Partes do Insecto

Arácnidos

A maioría dos arácnidos son terrestres. As arañas e os escorpións son exemplos de arácnidos.

As principais características dos arácnidos son:

  • Teñen o corpo dividido en cefalotórax e abdome.
  • Teñen oito patas.

Partes dunha araña

Crustáceos

O lumbrigante, o cangrexo ou a nécora son exemplos de crustáceos.

As características xerais dos crustáceos son:

  • A maioría son mariños.
  • Teñen o corpo dividido en cefalotórax e abdome.
  • Teñen antenas.
  • A maioría teñen dez patas. É habitual que as patas dianteiras sexan pinzas.

Crustáceos

Miriápodos

Os miriápodos son todos terrestres. Os cempés e os milpés son exemplos de miriápodos.

As súas características principais son:

  • Teñen o corpo dividido en cabeza e tronco.
  • O tronco está dividido en aneis.
  • Teñen moitas patas.
  • Teñen antenas.

Miriápodos

Parte das patas dalgúns artrópodos formada por dúas pezas que se moven e aproximan entre si. Teñen función prensora, é dicir, serven para suxeitar obxectos.